Saltar ao contido

Segundo Nine Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSegundo Nine Fernández
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1908 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortesetembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
A Illa de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Segundo Nine Fernández, nado o 16 de marzo de 1908[1] e finado na Illa de Arousa en setembro de 1962,[2] foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre na Illa de Arousa. Despois foi mestre nacional en Triabá (Castro de Rei).[3] Estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.[4] Foi un dos participantes na proclamación da República Federal da Illa de Arousa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como mestre.[5] Puxo unha academia na Illa de Arousa. Ocupouse dos seus sobriños Eligia, Víctor e Francisco Luís, orfos de Víctor Trabazo Serapio, que fora asasinado polos fascistas. Rehabilitado, foi mestre de Vilameá, O Burgo, Tabagón (onde foi correspondente de El Pueblo Gallego) e O Grove.

  1. El Magisterio Español, 4-8-1934, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 2-10-1962, p. 13.
  3. El Pueblo Gallego, 18-8-1933, p. 12.
  4. El Pueblo Gallego, 1-10-1933, p. 5.
  5. El Progreso, 6-9-1936, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fajardo, Montse / "A herdanza que nunca roubou o fascismo". Nós Diario, 10-1-2020, p. 26.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]